Escudo do Concello
Concello de Castroverde
 
Fotografia do Concello
 
Adorno Menu
Adorno  ParroquiasAdorno
cuadritos Inicio
cuadritos Castroverde
cuadritos Concello
cuadritos Turismo
cuadritos Parroquias
cuadritos Novas
cuadritos Servicios
cuadritos Enlaces
 
RSS
 
MASOUCOS, Santiago de


As 'Murallas' de Masoucos 
As "Murallas" de Masoucos
   ¿Campo, morea, de mammulas ou mamma, mamas? ¿De massa, mansión, herdade dun mosteiro?Do que é seguro que non vén é diso que os Técnicos da Concentración Parcelaria chaman "Masas", que é tanto como dicir maquías. É anexa de San Pedro de Riomol. C.P. 27124. Situada nunha chaira, na aba da serra de Mordei, entre a Frairía e Riomol. Confina coa Esperela, que xa é da Baleira.


   Lugares: Masoucos e Trascastro, separados por un outeiro coroado por un castro no que se levantou o templo parroquial, con adro e cemiterio en torno.
   En augas, o Rego de Masoucos, tamén chamado Cubeiro. ¿Pero, de fontes...? Vaian contando: Abelleira, Alargo, Barral, Caspalledo, Cubeiro, Grobiña, Lamas, Masoucos de Arriba, dos Pollos (que outros din dos Piollos, polos mosquitos, claro), Reboira, Senela, Travesela e Trascastro. Montes, A Devesa (798 m)



Igrexa de Masoucos 
Igrexa de Masoucos

   Templo: A parroquial presenta unha nave rectangular, co teito de madeira a dúas augas sobre tres vigas tirantes. Unha porta no lateral sur. Frontispicio con sillería de bos bloques de pedra gra. Porta alintelada. Espadana dun corpo con dúas troneiras, e unha campá, cimacio, cunha troneira e tres pináculos. Protexe o acceso un amplo e forte cabido, cerrado por unha repisa con só acceso frontal; sobre da repisa, como basamento corrido, elévanse seis piares que soportan o teito, a tres augas. Pola parte interior unha repisa corrida ou podio que serve para asento. O presbiterio é algo máis amplo e elevado cá nave, e cóbrese ás catro augas; con muros caleados, igual que a nave. Arco triunfal de medio punto, rebaixado, de impostas saíntes e pilastras. Sancristía na parte posterior, na mesma liña, pero máis baixa, a tres augas, con dúas portas de acceso desde o presbiterio.    Retábulo maior sinxelo, neoclásico, sen tallas. O retábulo sur, de 2 m., é barroco, con dúas columnas salomónicas con motivos da vide. Santiago peregrino, de 0,70, titular; santa María Madanela, de 0,80 m., de sabor romántico; O Salvador, de 0,80 m, bendice coa dereita e sostén a bola do mundo na esquerda. Tallas populares, século XV. Cáliz sinxelo, de prata, de 0,21 m.    O castro, que serviu como emprazamento para esta eirexe, xa case non é perceptible. Dos sartegos (sarcófagos) descubertos neste castro; algún deles aproveitouse nas reformas da tapia do adro da igrexa.
Voltar
www.concellodecastroverde.com  
Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio